PRESENTACIÓN DO “9.º FESTIVAL INTERNACIONAL DE TEATRO DE OURENSE”, OURENSE, DO 7 AO 19 DE OUTUBRO DE 2016
Comeza a minguar o sol, vai rematando o verán, ábrense as aulas, retorna a rutina como ao closet os gabáns. Préganse as antucas, as rúas déixanse ver, e apúrase o último sorbete de limón. Anúnciase a vendima, regresa o tempo aos reloxos, os pasos ao camiño e o río continúa a baixar. Repítese todo doutra volta, sen embargo, intúese un cambio na cor.
A constancia do fío de auga a abrollar do manancial, coma un Fito chantado na terra, transformación radical.
En Ourense, a 18 de setembro de 2016
Virxilio Rodríguez Vázquez
Vicerreitor do Campus de Ourense da Universidade de Vigo
Deixar unha resposta